miércoles, 22 de mayo de 2013

Adestramento e xornada de tecnificación Porta XI C.B.F


Este sábado 25 de Maio, o  Porta XI C.B.F. organiza adestramento  para a mellora individual das xogadoras e dos xogadores interesados en asisitir. 

Dito adestramento estarán  dirixido e coordinado por adestradores do club, realizaranse no Pazo Provincial dos Deportes e non teñen custo algún para o xogador ou a xogadora que asista. Os xogadores e xogadoras que poden acudir a dito adestramento son os nados entre o 2001 (6ºE.P.) e o 2003 (4ºE.P.)

Para unha mellor organización do adestramento é necesario cubrir esta autorización  e entregarlla  o voso  adestrador ou nas oficinas do club antes do xoves 23, posto que ten que haber un mínimo de 8 ou 10 xogadores e xogadoras para que se realice a sesión

Grazas pola vosa colaboración

No hay comentarios:

Publicar un comentario