miércoles, 22 de mayo de 2013

X Día Autonómico do minibasket Galego


Un ano máis o Grupo Correo Gallego, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e co Concello de Santiago, organiza o  “ X DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASKET”  o vindeiro 8 de Xuño no pavillón multiusos Fontes do Sar e durante todo o día

Nestes encontros foron aceptadas as nosas solicitudes nas categorías minibasket masculino (5º e 6º de E. P. ),  minibasket feminino (5º e 6º E.P.) e preminibasket mixto (2º,3º e 4º E.P.)

Para poder participar neste día, esíxennos unha cota de inscrición por mor da falta de financiamento que teñen os organizadores.

Todos e todas as que esteades interesados en participar cos nosos equipos poderédelo facer cubrindo a autorización que se adxunta e aboando 6 euros por participante directamente a  Escola de Baloncesto Galén por medio de David Martínez.

 A inscrición cobre o desprazamento, e a manutención de todo o día ( almorzo, comida e merenda) así como a participación nos encontros e actividades alí organizadas

A autorización e a cota de inscrición a devedela entregar antes do venres 24 de Maio, por motivos organizativos.

Se tedes algunha dúbida podédelo facer mandando un correo a escolabaloncestogalen@gmail.com ou ben directamente a David Martínez, nas horas de adestramento.
Grazas pola vosa colaboración

No hay comentarios:

Publicar un comentario