miércoles, 22 de mayo de 2013

Horarios dos encontros e remate das ligas - 23-24-25 Maio




Un ano mais, as diferentes ligas e copas postliga, chegan o seu remate. O pasado fin de semana e o vindeiro estanse a xogar os últimos encontros.

Agora queda facer balance de toda unha tempada de competición, unha tempada chea de esforzo, enerxía, concentración e ilusión. Unha tempada que nos demostrou que co voso esforzo podédesvos superar, que co traballo en equipo e coa solidaridade que caracteriza os equipos da Escola de Baloncesto podedes chegar os obxectivos individuais e colectivos marcados. Noraboa!

Noraboa a todos e todas os xogadores da Escola de Baloncesto Galén, os que ramataches, os que non puideron e incluso os que só “probaron” a xogar connosco. As familias polo voso esforzo a hora de “cuadrar”  horarios” e entender e comprender todos os rompecabezas que puidemos ter. Polos madrugones, polas viaxes, pola colaboración, polas risas, e polos problemas solucionados, pero sobre todo pola vosa actitude chea de enerxía positiva e optimismo.

Un ano mais os responsables da Escola de Baloncesto temos que agradecervos todas as experiencias e as vivencias que tivemos, as boas e as malas, todas volvéronnos facer crecer como persoas e adestradores

GRAZAS a todos e todas os que apoiades este proxecto
-----------------------------------------------------------------

XORNADA DE LIGA – 23-24-25 MAIO

·         2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINA – Os nosos rapaces de Galén dobran encontros esta fin de semana

-      Estudiantes 98 – Galén – Venres 24 – 16:30 h Anexo 2
-      Galén –Celtas de Foz – Sábado 25 – 20:00 h Anexo 2

·         2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA  - Os xogadores de Galén , tamén dobran esta semana

-      Estudiantes 99 – Galén – Xoves 23 – 18:45 h – Anexo 2
-      Cidade de  Lugo 2012 – Galén – Sábado 25 – 9:30 h – 9:30 h – Anexo 1

·         MINIBASKET MASCULINO – Os nosos rapaces de Galén V e Galén VI non xogan

·         PREBENXAMÍN –Copa Primavera 

 Estudiantes verde – Galén IV – Venres 24 – 18:15 h – Galén 


Despois destes derradeiros encontros intetaremos buscar amigables ou torneos para os equipos. 

O vindeiro 8 de Xuño, sábado, imos participar no X día do Minibasket autonómico que se disputará en Santiago de Compostela. Nos próximos días facilitaremos toda a información

No hay comentarios:

Publicar un comentario