Despois duns días de descanso, e facendo balance do II Campus de tecnificación Galén Ensino, a valoración é máis que boa!! por parte da nosa adestradora estrela Regina Gómez e dos nosos invitados Alex Polo e Catarina Pollini e por suposto eu mesmo, a nota que lles damos aos xogadores e xogadoras que participaron é de Matrícula de honra!!
Polo seu comportamento, o seu esforzo e as súas ganas de aprender e mellorar. Parabén a todos e todas!!
Na última parte da semana, visitounos Catarina Pollini, campiona da euroliga, da liga italiana da WNBA, participou en olimpíadas, campionatos do mundo...... todo un luxo de xogadora para o noso campus. Estivo eninándonos movementos no poste baixo e no poste alto
O xoves e venres, Regina tíñanos preparado uns circuítos de finalizacións e 1x1 que adoita utilizar como xogadora. Un pracer vela adestrar e xogar con esa paixón!!
Déixovos a galería completa de fotografías do campus, espero poder colgar en breves algún vídeo do traballo realizado .
Clica aquí para ver a galería compreta
Se algún ou algunha está interesado en ter as fotos ou os vídeos, non o dubidedes e mandarme un correo a escolabaloncestogalen@gmail.com
Espero poder contar con todos e todas vós nas seguintes edicións!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario