miércoles, 2 de julio de 2014

Ecuador da semana na primeira quenda do Campus de Tecnificación Galén Ensino

Xa estamos a mércores, ecuador da semana para os nosos rapaces e rapazas do campus de tecnificación. Realmente é un privilexio poder adestrar con un grupo de rapaces e rapazas que aman este deporte e que queren aprender en todo momento

Un privilexio para eles tamén poder adestrar con toda unha xogadoraza profesional como é Regina Gómez, xogadora durante moitos anos do Ensino, en distintos equipos de L.F e de L.F. 2, compartindo os seus conocimientos e a súa maneira de adestrar, dando todo en todo momento!!

Ontes veu vistarnos a a adestrar connosco Alex Polo, exadestrador do Duran Maquinaria Ensino, agora adestrador do equipo EBA do Estudiantes de Lugo, exseleccionador galego en distintas categorías, terceiro no campionato de España de seleccións cadetes, un gran adestrador en definitiva , pero por riba de todo unha gran persoa
Estivo traballando cos rapaces e rapazas distintas recepcións e finalizacións de cara a canastra, unha boa experiencia para estes xogadores e xogadoras poder adestrar con Alex

Durante a semana estamos a traballar coordinación , con distintos circuitos e saltando a corda. Estamos intentando mellorar en detalles do tiro aos xogadores/as . O luns tamén fixemos traballo de técnica defensiva, onte martes, recepcións e finalizacións e todos os días moito dominio do balón.

Tamén ai tempo para o descanso, despois de comer organízanse partidiños de tenis de mesa e futbolín na residencia Abeiro.
E por suposto tamén estamos a xogar os nosos "Campionatos do mundo" en 3x3 e 5x5

Aquí vos unha pequena mostra en forma de fotos deste dous días




No hay comentarios:

Publicar un comentario