PÁXINAS

lunes, 13 de noviembre de 2017

Colaboración coa Federación Galega de Baloncesto

O centro educativo Galén, a  escola de baloncesto Galén e a federación galega de baloncesto cooperaron ontes, 12 de Novembro para realizar un CETI de seguimento para os rapaces e rapazas  alevines de primeiro ano.

Dende as 16.00 h e ata as 17.30 h as xogadoras de distintos equipos adestraron no pavillón do centro con diferentes adestradores tanto da federación coma de outros clubes. Dede as 17.30 h e ata as 19.00 h foi o turno para os rapaces.

Estes CETI son organizados pola delegación lucense da man de Pablo Abuín, responsable zonal. Unha gran oportunidade para adestrar con compañeiros e compañeiras de outros clubes e centros educativos.

Déixovos unhas fotos do día, así coma o enlace a noticia na páxina web da federación.

Enlace a noticia na web da federación clicando aquí



















No hay comentarios:

Publicar un comentario