miércoles, 4 de diciembre de 2013

Encontros da fin de semana, actividades e novas do 6, 7 e 8 de Decembro

Esta fin de semana os equipos da Escola de Baloncesto Galén non disputan encontros de liga en ningunha das categorías.

Ainda así, xogadores  da Escola de Baloncesto Galén nas categorías minibasket, representarán a Lugo coa selección lucense no torneo que se diputa o sábado 7 en Santiago de Compostela, na denominada “Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket” , no Pavillón do Restollal, na capital galega.Un total de 16 combinados minibasket, oito masculinos e oito femininos, correspondentes ás sete delegacións zonais FGB ( Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa e Ourense) e as divisións locais de A Mariña (masculino) e Arousa Norte (feminino)

Os xogadores e xogadoras convocados foron os seguintes; 

  • Mini masculino; Daniel López e José Olloqui
  • Mini feminino; Carmen Leboreiro, Maite Franco y Catuxa Carreira
Desexamos que aproveitedes moito esta gran experiencia!!


Sempre se me esquece comentar o horario do equipo junior feminino de Ensino, no que xogan varias xogadoras que sempre foron da Escola de Baloncesto Galén, Aida, Lidia, Cristina Uxía , disputan có seu equipo junior , Ensino, un interesante encontro contra o lider da competición, o C.B. Viveiro, o venres 6 as 18:00 h no Anexo 1. Non dubidedes en asisitir porque vai a estar moi interesante!

Para todos os rapaces e rapazas de categoría minibasket, a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, organiza unha xornada de tecnificación o venres 6 de decembro, se estades en Lugo, aconséllovos asistir a esta xornada xa que vades a practicar e aprender con bos adestradores e xogadores e xogadoras de outros centros e clubes. O coste da actividade é de 10 €, pero para que vos podades informar ben,  aquí vos deixo o cartel e toda a información




Como xa vedes, o baloncesto non para,  e sempre é un luxo poder ver en Lugo bo baloncesto de base, como o que se vai a disputar o vindeiro sábado 7 e domingo 8 de decembro no Anexo, o "II Torneo de seleccións cadete masculino" deíxovos os horarios por si vos apetece asistir. 


II TORNEO DE SELECCIÓNS CADETE MASCULINA
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Galicia – Euskadi
Sá 10:30 h
Anexo 1
Extremadura – Oporto
Sá 12:30 h
Anexo 1
Euskadi – Oporto
Sá 18:00 h
Anexo 1
Galicia – Extremadura
Sá 20:00 h
Anexo 1
Euskadi – Extremadura
Do 10:00 h
Anexo 1
Oporto – Galicia
Do 12:00 h
Anexo 1


No hay comentarios:

Publicar un comentario