viernes, 13 de diciembre de 2013

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PRODUTOS PARA A CRUZ VERMELLA -14-12-13

O Clube Porta XI Ensino e Cruz Vermella Lugo organizan este próximo sábado 14 de decembro e aproveitando o último partido en casa do Durán Maquinaria Ensino antes das vacacións do Nadal, unha  recollida de produtos e kits para bebés.

Por iso, todos aqueles aficcionados que acudan ao partido con algún dos produtos relacionados terán acceso gratuíto ao partido. Así mesmo, animan a todos os socios a que colaboren con esta campaña xa que os máis pequenos son ás veces os máis necesitados.

O pasado 30 de Novembro antes do encontro do Duran Maquinaria Ensino, celebrouse a "Xornada do Deporte Inclusivo" no que participaron xogadores e xogadoras do clube así como rapaces e rapazas da asociación sindrome de Down Lugo.

Tamén se fixeron as fotos oficiáis de todos os rapaces e adestradores do clube, non están todos por distintos motivos pero podedes facervos unha idea do traballo de base que estamos a facer entre todos/as

Podedes ver as fotos desta xornada clicando aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario