martes, 5 de noviembre de 2013

PARABENS ANA!!

Dende a Escola de Baloncesto Galén, queremos felicitar a Ana Pedrouzo Díaz polo seu debut en L.F.2 có C.Porta XI Ensino C.B.F.

O pasado venres 01 de Novembro será unha data especial para esta xogadora e alumna do Centro Educativo Galén. Ana, con ta só 16 anos, e no encontro que disputaba o Porta XI Ensino contra o Arxil,, xogou os seus primeiros minutos en L.F.2 , todo un logro para ela e un premio para o seu esforzo, dedicación e capacidade de superación durante tantos anos.

Todos os que representamos a Escola de Baloncesto Galén, setímonos moi orgullosos dela, así como de todo o grupo de rapazas e rapaces que empezaron a xogar a baloncesto nos nosos equipos e que pouco a pouco e con gran esforzo seguen xogando.

Se clicades neste enlace poderedes ver a estadística do debut de Ana no encontro de liga entre Duran Maquinaria Ensino e o Arxil 

E có seu permiso, deixovos unhas fotos deste momento importante para todos e todas as que formamos a Escola de Baloncesto Galén






No hay comentarios:

Publicar un comentario