viernes, 27 de diciembre de 2013

Luns 30 - II Campus de tecnificación Escola Baloncesto Galén

O luns 30 a partir das catro da tarde, comenzamos con dez rapaces e rapazas o noso campus de tecnificación, facendo fincapé nas recepcións e finalizacións a canastra

Se estades interesados en participar, todavía estades a tempo, mandade un mail a escolabaloncestogalen@gmail.com para formalizar a vosa inscrición

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un ano máis, a Escola de baloncesto Galén , organiza unha serie de actividades repartidas nos distintos períodos vacacionais, abertas para todos aqueles que desexen participar

Neste nadal organizamos o II Campus de Tecnificación , para xogadores e xogadoras a partir dos 12 anos, sexan ou non da Escola de Baloncesto Galén

Completaremos aspectos de técnica e táctica individual que se traballan nos adestramentos á vez que tentaremos mellorar en aspectos concretos que nos demanden os xogadores e xogadoras que participen. Traballo específico dos fundamentos individuais, para a vosa mellora no xogo colectivo

Tres horas diarias para adestrar os fundamentos  e motivar aos participantes para que sigan buscando a súa superación persoal

Adestramentos individuais e colectivos,  grupos de adestramento distribuídos por idades e niveis, adestramento con vídeo.....todo o que estea nas nosas mans para tentar que melloredes! 

En duas quendas; 

Primeira quenda 

luns 23 de 16:00 h a 19:00 h  
martes 24 de 10:30 h a 13:30 h,
xoves 26 de 16:00 h a 19:00 h
venres 27 de 16:00 h a 19:00 h

Segunda quenda

luns 30 de 16:00 h a 19:00 h
martes 31 de 10:30 h a 13:30 h
xoves 2 de 16:00 h a 19:00 h
venres 3 de 16:00 h a 19:00 h

O prezo para poder participar nunha quenda será de 40 €

Se te anotas nas dúas quendas será de 70 €

Podes descargarte a folla de inscrición clicando na seguinte ligazón

Podes formalizar a inscrición mandando un correo a escolabaloncestogalen@gmail.com

Ou ben levándoa aos adestramentos da E.B. Galén ou na secretaría do centro

Para calquera dúbida que vos xurda,  poñedevos en contacto con David Martínez, nos adestramentos ou ben mandando un correo a escolabaloncestogalen@gmail.com

Unha boa opción para mellorar técnica e tácticamente durante estas vacacións!! 

Animádevos a participar!!

Deíxovos os videos doutra actividade realizada pola Escola de Baloncesto Galén, o noso "Campus de baloncesto" que realizamos o pasado mes de Xullo, espero vos guste




No hay comentarios:

Publicar un comentario