lunes, 30 de septiembre de 2013

Documentación necesaria para poder xogar nas diferentes ligas

Necesidades para formalizar as fichas e a inscrición dos xogadores e xogadoras nas diferentes ligas de baloncesto

Equipo cadete;  fotocopia do dni e a licencia que se adxunta cuberta e asinada polo médico (só unha licencia por xogador)



Clica aquí para descargar a licencia de xogador

No caso de que vos poñan problemas á hora de asinar esta ficha, podedes facer revisión médica no Polusa a través do convenio que ten o Porta XI C.B.F.Ensino con esta entidade. O custo da devandita revisión  é de 30 euros  Para solicitala terédelo que facer a través de David Martínez, comunicando o día que quereriades ir

Para poder empezar a liga con normalidade necesitamos que nos entreguedes esta documentación antes do Martes 8 de Outubro

Para o resto de categorías, infantil (1º-2º ESO) , minibasket (5º-6º E.P.) e preminibasket (2º-3º-4º E.P.) necesítase fotocopia do DNI e a autorización médica paterna que achegamos.


Clica aquí para descargar a autorización médica paterna 

Para asegurarnos de que temos todo en orde e poder así empezar a liga con normalidade, necesitamos que nos entreguedes toda a documentación antes do xoves 10 de Outubro

Grazas pola vosa colaboración

No hay comentarios:

Publicar un comentario