miércoles, 15 de mayo de 2013

Horarios dos encontros da fin de semana 18 e 19 de Maio

Esta fin de semana, só xogan dous dos equipos da escola de baloncesto, os rapaces cadetes contra Sagrado Corazón  e os nosos rapaces e rapazas de Galén VI a terceira xornada da liga galega de minibasket. 

O noso equipo de Galén VI está a facer un gran campionato na liga galega, un feito histórico para a Escola de Baloncesto e para este equipo , xa que este grupo conseguiu por segunda vez clasificarse para uns campionatos galegos, xogando un baloncesto de contraataque, solidario e en equipo que mais de unha vez levantaron dos asentos os asistentes a ditos encontros. Parabéns polo voso esforzo!!

Aquí vos deixo os horarios dos encontros así como o enlace para descargarvos a nota

Clica aquí para descargar a xornada de liga galega



·       

·         2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINA – A.X.S.C. – Galén – Dom. 19:00 h – Anexo 1



·         2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA  Estudiantes 99 – Galén – Xoves 23 – 18:45 h Anexo 2


·         ALEVÍN MASCULINO – MIXTO - GRUPO B – Galén V – Sarria – Suspendido


·         PREBENXAMÍN – Galén IV descansa



3ª XORNADA LIGA GALEGA


      O sábado 18 xogamos a terceira xornada de liga galega con noso equipo de Galén VI, os 
      horarios dos encontros son os seguintes:


-      Artai – Galén VI – 10:30 h 


-      Basket School – Galén VI – 16:30 h    


      Os encontros disputaranse no; PAV. MONTOUTO – COLEXIO PELETEIRO – SANTIAGO DE COMPOSTELA

  

      Todos os xogadores e xogadoras deben estar no pavillón con 30 minutos de antelación levando a camiseta de “Eu Xogo” e o chándal de Galén


      VIDE A ANIMAR OS VOSOS EQUIPOS DA ESCOLA DE BALONCESTO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario