domingo, 12 de mayo de 2013

Galén IV campión provincial !!

Ontes 11 de Maio, xogouse no Anexo o Pazo Provincial, as fináis provinciáis da categoría preminibasket. O noso equipo xogou a final contra Estudiantes de Lugo, despois de gañar o equipo de Burela pola mañá.

Despois dun encontro moi disputado e deportivo, no que calquera equipo puido levar a victoria, os nosos rapaces e rapazas de Galén IV, conseguiron controlar os nervios e lograron a victoria

Traballo en equipo, compañerismo, deportividade, esforzo concentración e actitude!

PARABÉNS RAPACES! PARABÉNS PARA OS COMPOÑENTES DESTE EQUIPO E PARA TODA A ESCOLA DE BALONCESTO, POLO ESFORZO  DE  TODOS E TODAS!!

Auga!Cemento! Galén monumento! Mortadelo e Filemón! Galén Campeón!!

Podedes ver algunhas fotos clicando aquí 


Grazas a todas as fotógrafas e fotógrafos por mandarme estas fotos! Grazas a todos os que colaborades neste proxecto educativo deportivo

1 comentario: