lunes, 29 de abril de 2013

Campeonato Galego minibasket masculino

O noso equipo de Galén VI, o quedar segundo da liga centro de minibasket, quedou clasificado para o campeonato galego de minibasket masculino

E a segunda vez que un equipo da Escola de Baloncesto Galén disputa un campeonato galego. A anterior vez, foi fai dous anos e có mesmo grupo de rapaces e rapazas, todo un logro e un premio para todos os rapaces e rapazas da Escola de Baloncesto Galén!
Para Galén VI, porque poden participar desta experiencia, para os xogadores e xogadoras de  Galén V, polo seu apoio e compañerismo a hora de adestrar con eles e para os rapaces e rapazas de Galén IV, por axudarlles nos encontros disputados e nos adestramentos, a todos e todas......NORABOA!!

Mañá Martes, as 16:45 temos convocada unha reunión cos pais e nais dos xogadores de Galén VI para concretar esta fase da liga.
A liga gallega, xógase en tres fines de semana, xogando dous encontros cada día. Comenzamos o vindeiro 4 de Maio en Carballo, o sábado 11 de Maio en Santiago e o 18 de Maio outra vez en Santiago.

Deíxovos os enlaces onde podedes atopar toda a información

Se tedes algunha dúbida, a falamos mañá na reunión, se non podedes mandarme un mail a escolabaloncestogalen@gmail.com

Sedes para as concentracións da liga galega. Clica aquí

Equipos do grupo A Liga Galega

Calendario dos encontros



No hay comentarios:

Publicar un comentario