martes, 29 de mayo de 2018

Copa Deputación de Lugo, memorial Cristina Seijo

O pasado domingo 27 de Maio, disputouse no Pazo Provincial dos Deportes e no anexo, a copa Deputación de Lugo organizada polo noso Club, Ensino Lugo, e dedicado á memoria dunha persoa moi querida e importante no baloncesto lucense, Cristina Seijo. Unha mestra para moitos de nós e unha merecida homenaxe do baloncesto de base lucense, ¡aínda que ela non o quixera! Unha gran persoa ante todo, á que moitos/as botarémola de menos.


Unha xornada intensa que empezou ás 9 da mañá e acabou ás 21 h. Con partidos dende baby basket ata infantís, en masculino e feminino. Os gañadores/as de cada categoría poderédelos atopar no suplemento de La Voz de Galicia Lider Basket e en redes sociais. Para nós o importante foi  disputar este torneo coa ilusión e alegría que transmitiron os nosos xogadores e xogadoras durante todo o día.

A escola de baloncesto Galén Ensino, participou cun equipo de baby basket, con dous equipos benxamines, masculino e feminino, dous alevíns, masculino e feminino. Os nosos equipos infantís estiveron mesturados e formados por xogadores e xogadoras do club. Todos e todas fixeron un gran papel durante toda a competición.

Estamos orgullosos/as do comportamento e actitude de todos e todas durante o día, non é fácil aguantar o cansazo e a calor ao longo da xornada e seguir loitando en cada partido como o fixeron. Ese é o espírito que queremos para os nosos equipos!




Para finalizar, a entrega de premios, que se fixo un pouco longa a espera, pero que mereceu a pena xa que todos e todas levaron un recoñecemento en forma de medalla.



Grazas á Deputación de Lugo por confiar no noso club para a organización deste evento. Grazas a todos e todas as adestradoras/es, traballadores e traballadoras do club que fixeron posible que todo saíse ben.Grazas á delegación lucense de árbitros por colaborar sempre.  Grazas tamén a todos os equipos e clubs participantes pola súa colaboración en todos os aspectos.

Por suposto, queremos agradecer a todos os pais. nais e familiares dos nosos xogadores e xogadoras o apoio durante o día, porque sen eles e elas non poderíamos atender a todos os encontros que tivemos. A todos e todas que estivéchedes  e vos ofrecíchedes como voluntarios/as para cargar con auga, facer mesas, facer fotos, levar cronos, repartir comida.....



Grazas a Amir, Vania, Alfonso e Aigor por cubrirnos os uns aos outros. Grazas tamén neste labor a Conchi Delgado que tivo que facer funcións de adestradora con moito éxito!
Grazas a Pablo Núñez por facer de reporteiro gráfico! e a Rebeca de Lider Lugo polo seu traballo, algunhas fotos tamén son súas

!Forza Ensino¡ FORZA GA LÉN EN SI NO!!



E con isto acabo os agradecementos, espero que non se me pasou ningún! se é así, pídovos que me desculpedes.

Déixovos a galería fotográfica do día, espero que vos guste. Clicade aquí ou ben na seguinte foto. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario