lunes, 30 de abril de 2018

O ENSINO ASCENDE A L.F.!!

Como parte deste clube dende hai xa moitos anos, sentímonos orgullosos do que acabades de conseguir.
 Non sodes totalmente conscientes da ilusión e dos valores que trasmitides a tantos  rapaces e rapazas que son e que foron parte da Escola de Baloncesto Galén.
Son moitos anos traballando xuntos, Galén e Ensino, Ensino e Galén, para a mellora deportiva e persoal dos rapaces e rapazas que forman parte deste clube e desta escola. E por iso sentímonos un pouco partícipes deste ansiado ascenso.
Sabemos de todo o esforzo e dedicación persoal de moitas, moitas persoas durante tantos anos, un traballo que moitas veces queda en segundo plano pero que sen el de seguro non se podería poñer esta guinda que conseguíchedes onte.
Grazas polo voso esforzo, a todos e todas os que formades parte desta familia ENSINISTA.

FORZA EN-SI-NO!!
http://www.ensinolugo.com/noticia/30/El-DURAN-MAQUINARIA-CONSIGUE-EL-ASCENSO.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario