lunes, 15 de enero de 2018

Pautas para pais e nais de deportistas

Ola
Vouvos escribir unha reflexión que vos facemos a todos e todas agora en metade de tempada e vendo que en liñas xerais en todos os equipos, colexios e  clubs está a suceder; o “resultadismo” ,  dáselle excesiva importancia ao resultado nos partidos  e a clasificación na liga. Poida que sexa un debate xeneralizado entre adestradores/as, pais e nais e queremos darvos o noso punto de vista.

Desde a nosa posición de adestradores de formación, o único que podemos facer é  adestrar forte , para que sigan adquirindo coñecementos  tácticos e habilidades técnicas, reforzando o esforzo físico,  mental, individual e colectivo, o  traballo semanal e tentando que o partido sexa unha parte máis da mellora individual e colectiva máis aló da presión do resultado ou a clasificación. Só así se é competitivo/a , que non ten que ver con gañar ou perder (pódese gañar ou perder sendo competitivo/a)   e os obxectivos individuais e colectivos conséguense. Esa é a nosa función.

Por isto, redactamos unha serie de pautas extraídas de varios artigos e revistas de psicólogos deportivos, e consensuadas co centro para axudarvos e lembrarvos que estamos en deporte de formación, que todos e todas formamos un equipo polo ben dos vosos fillos e fillas, como pais e nais de deportistas que sodes.

Se reflexionamos todos e todas sobre isto e poñemos o noso granito de area, seguro que os mozos/as gozarán máis, quitaranse presión e veremos a mellor versión deles/as. Vaiamos todos da man polo ben común.

Pautas para pais/nais de nenos e nenas deportistas
1.         Acompañar sen empuxar, escoitar sen xulgar, animar sen intimidar e estimular sen comparar.
2.         Non confundades as vosas necesidades, coas dos vosos fillos/as. Esquecervos de proxectarvos neles/as!
3.         Nunca desautorices ao adestrador diante do teu fillo. Restas credibilidade e non educas autoridade. Se teñen un adestrador/a, confía nel ou ela, non tentes ser ti o adestrador/a .
4.         Nunca critiques en voz alta a un compañeiro/a de o teu fillo/a , minas a autoestima do xogador/a e estragas a dinámica do grupo.
5.         Non lles quitedes adestramentos por sacar malas notas. Non lles quitedes unha fonte de autoestima. Que aprenda a organizarse!
6.         Comentar ao adestrador/aos vosos puntos de vista, nunca aos vosos fillos/as. Non esperedes do adestrador/a que  vos faga caso, si que vos escoite.
7.         Nin relativizar, nin sobrevalorar os éxitos deportivos dos vosos fillos/a. Acentuar o seu esforzo, non tanto o seu resultado.
8.         Permitirlles erros e frustración, forman parte do proceso de aprendizaxe. Non fai falta que llos sinales constantemente.
9.         Non vos conformedes con que os vosos fillos/as se divirtan practicando deporte. Tamén esperade que aprendan valores, hábitos e recursos.
10.       Esquécete para que deporte ten talento o teu fillo/a. Ensínalle persistencia, autonomía e humildade. Só así desenvolverá o talento que teña.
11.      Non animes ao teu fillo/a cando todo vai ben, non o necesita. Faino cando todo vai mal, axudaraslle a persistir.
12.       Mostra autocontrol nas bancadas. Unha maneira de educar consiste en predicar co exemplo.
13.       Se dis ao teu fillo/a como debe xogar cárgaste a credibilidade do seu adestrador. Lograrás que pase do  adestrador e  máis tarde pasará de ti
14.       Se queres ter un campión/a en a familia, adéstrate. Mentres deixa que o teu fillo goce do deporte.
15.       Nunca digades a outros pais que tratan mal ao seu fillo/a no deporte. Proponlles unha maneira mellor de facer as cousas.
16.       Tipos de pais: desinteresados, adestradores dende a banda, sobreprotectores e ben orientados. Quen es ti?
17.       Os pais formades parte do equipo do voso fillo/a. Por iso tedes 2 tarefas: cumprir a vosa función e respectar o resto de funcións.
18.       Qué lle preguntas ao teu fillo/a cando regresa de competir? De onde vés?, Gañaches?, Fixécheste dano?  Divertícheste? Esforzácheste ao máximo?
19.       Para que o deporte sexa unha escola para a vida o voso fillo/a debe aprender a tolerar pequenas frustracións e inxustizas. Non pasa nada!
20.       Nunca digas ao teu fillo/a que se non serve para o deporte dedíquese a outra cousa. Hai poucas cousas mellores.
21.       Nunca digas ao teu fillo/a que é moi bo ou moi malo facendo deporte, aínda que realmente o sexa. Complícaslle a vida. Limítate a axudarlle a persistir

22.       Utiliza o deporte para educar ao teu fillo/a en a responsabilidade. Xa sabes, tomar unha decisión e asumir todas as súas consecuencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario