viernes, 6 de octubre de 2017

Botamos a andar!

Despois dunhas semanas un tanto atareadas poñemos a andar o blog. Intentaremos telo actualizado semana a semana con novas e avisos, así coma con posibles videos, reportaxes e eventos que poidan ser do voso interese.

Esta semana , mañá sábado as 16.00 h concretamente, o nosos equipo infantil masculino xoga o cuarto encontro da liga galega preinfantil masculina.  Os rapaces están a facer un traballo increible entre semana e grazas a iso levamos duas victorias e unha derrota, o pasado domingo en Culleredo.

Mañá xogamos un derbi moi interesante contra Estudiantes de Lugo, o vixente campión da categoría. Un encontro que seguro a ser emocionante. Animádevos a vir ó anexo a animalos!

O resto de categorías non comezan ainda as súas ligas. Calculamos que ata o último fin de semana de outubro non se xogará. Intentaremos organizar algún encontro amigable para quitarlles o mono de xogo que xa empezan a ter. Polo de agora estamos a adestrar moi ben e con moito esforzo por parte de todos e todas.

Seguide así!!

A semana que ben espero poder contarvos a todos e todas cómo está constituida a escola de baloncesto , en qué ligas xogamos cada un dos equipos, como vai o tema de equipacións e chandal da escola de baloncesto.....e todas as preguntas e dudas que teñades. Sodes bastantes os que me andades a preguntar como é lóxico e quero que o teñades todos e todas claro.

Grazas pola vosa implicación neste proxecto un ano mais! e xa levamos uns cantos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario