jueves, 11 de mayo de 2017

Excursión a San Ciprián e animamos o Ensino no campionato!!

O día empezou cediño para chegar ás 10.15 h á fábrica de Sargadelos, visita guiada por dentro das entrañas desta artesanal fábrica, excepcional o traballo que desenvolven con cada unha das pezas. 

                                                                           
 

                                                                           
 

Tras a visita á fábrica, xantar en San Cirpián e asistencia a ver ao favorito para levar este campionato de España, o Gran Canaria. Ante elas un combativo Aros de León, moito que aprender!! dous equipos que,  sendo moi desiguais, mostraron un carácter competitivo durante todo o partido. Ademais, fomos parte activa deste partido posto que 4 dos nosos mozos e mozas colaboraron en labores de mopa e limpeza de pista cando os árbitros o pediron. 
 

                                                                           
 

Despois do encontro, comida, hora de xogo libre e por fin unha espectacular visita guiada polo museo do mar de San Ciprián. Ángeles, a  nosa guía, transmitiunos dunha maneira fantástica toda a información de moitos dos obxectos que alí teñen, dunha maneira tan especial que a todos e todas nos deixou encantados có seu bo trasmitir. Como dixo ela, "non podemos contalo todo que se non ¡non volvedes!"  e claro que volveremos porque foi xenial!!

                                                                           
 


Ás présas chegamos a ver o partido GRANDE, pero chegamos, e vaia se se notou que chegamos........ berros de ánimo constantes, xunto cos bombos da nosa afección, emoción, protestas, incerteza, nervios.....tivemos de todo!! pero ao final, coa entrega e loita das nosas e dos seus adestradores, conseguiron o que non se conseguiu nunca, a clasificación para cuartos de final!! e algo moi importante tamén, que é inculcar a garra, a loita  e o espírito de ENSINO ao grupo de mozos e mozas de 5º e 6º de E.P. que asistimos a este partido e feito histórico! Estar entre os 8 mellores equipos de España non é fácil, e aí téñeno!! hoxe a por os cuartos, témolo difícil si, pero este grupo de xogadoras e adestradores son capaces de todo!!

Estamos moi orgullosos e orgullosas de todas, en especial das nosas 4 mozas do centro que pertencen a este equipo, María Durán, Alba Prieto, Ana Leboreiro e a cadete que representa todos os valores de esforzo que se teñen que dar nunha cancha.....Carmen Leboreiro!! Gran partido das 4 onte!!

E despois de tanta emoción.....volta a casa, a Lugo, coa sensación de que foi un gran día! unha gran experiencia e unha viaxe que dificilmente se poderá esquecer!!

Grazas á organización da sede de San Ciprián, organizadores e voluntarios/as, Nacho, Juanma, Pablo, David, María, Elena…..perdoade por non poñervos a todos e todas pero esa lista é moi longa!  por traballar tanto e facilitarnos todo para que estes mozos e mozas tivesen este día inesquecible.

Todas as fotos deste día as atoparedes neste enlace; GALERÍA DE FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario