martes, 30 de mayo de 2017

Copa deputación 2017

Gran xornada a vivida o pasado Domingo 28 de Maio no pazo provincial e nos anexos. Un día moi longo pero moi fructífero, onde as vivencias en todos os encontros foron pasando ata a gran clausura.

Este ano a copa estaba dedicada a unha gran persoa, un mestre neste deporte e no que ao min se refire o adestrador que dende hai moitos anos inculcoume o que debía de ser o baloncesto de base así como os valores que este transmite.
Este ano Cópaa Deputación estaba dedicada ao gran Fernando F. Allende.



A xornada comezaba moi cedo, as 9.00 h da mañá os rapaces e rapazas comenzaban a xogar. Os alevines masculinos tardaban en arrancar pero unha vez que o fixeron xogaron como saben facelo, en equipo! Chegaron a xogar ata 3 encontros neste día, algúns, os que dobran con infantiles xogaron ata 5!! Xa que o noso equipo infantil masculino chegou a final da súa categoría, onde nos brindaron un fantástico econtro contra o C.B. Ría de Ribadeo. Unha final moi emocionante e disputada onde o final non puido caer do noso lado por 5 puntos de diferencia. Ainda así, unha gran final cun baloncesto rápido e vistoso.

As nosas rapazas de Ensino tamén chegaron a final , e tampouco puido caer a victoria do noso lado ante Ribadeo que soupo xogar todo o torneo coas súas ventaxas. Un gran torneo tamén para as nosas.

O espectáculo o marcaban os mais pequenos, tanto os benxamines, que fixeron un verdadeiro esforzo ao non poder contar con todos os nosos efectivos pero deron a cara en tódolos encontros, como os baby basket que estiveron todo o día trasmitindo unha ilusión desbordante que empapou a todos/as os que asistimos os seus encontros. Grazas por xogar con esa enerxía e ilusión!!

A guinda o pastel desta copa a puxeron as nosas "gladiadoras", as nosas rapazas do alevín feminino que finalizaron a xornada ganando a copa!! pero o mais importante é cómo a ganaron, sen renunciar aos nosos valores de deportividade, respeto, competitividade e equipo! pero nesta ocasión tamén viña acompañado por concentración, superación e sobre todo ILUSIÓN.

Desde o primeiro encontro deixaron claro que iban a competir ao máximo nivel ao gañar ao Cidade de Lugo pero non se ía quedar aí a cousa.....tamén o fixeron ao C.B. Burela que tanto un como outro equipo vencéronnos na liga. Pero estas mozas estaban decididas a facer todo o posible por sacar adiante os encontros!! Na final, Franciscanos, un partido moi competido con moitas alternancias e nervios no que ao final conseguieron sobreponerse ás dificultades e gañar o emvite como EQUIPO. Emocionáronnos estas xogadoras! Grazas!!



Todo isto non podería ser posible sen o traballo incansable da directiva do noso clube e os nosos patrocinadores, a todos eles GRAZAS! porque sen iso estes rapaces e rapazas non disfrutarían dunha xornada inesquecible.

E para acabar , agradecervos o apoio e o compromiso de todos /as os pais, nais , xogadores, xogadoras amigos e amigas da Escola de Baloncesto Galén Ensino, que nos viñéstedes a axudar como voluntarios/as nunha xornada maratoniana, no que sen a vosa axuda non poderíamos levar a cabo e atender a todas as necesidades que tivemos que cubrir. Para min foi unha das mellores experiencias que vivín na escola de baloncesto, e todo grazas a vos, saber que estades detráis deste proxecto para apoialo con esta ilusión é, sen dúbida, o mellor que saco desta xornada. GRAZAS!! 

 Podedes ver todas a galería de fotos da xornada neste enlace que vos poño, as fotos foron sacadas por varias persoas, Carmen Leboreiro, Carmen Fdz, Pablo Nuñez, Coi.......non poido nombrar a todos e todas porque realmente non sei quenes foron os responsables......as miñas disculpas para os que non aparecedes nos agradecementos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario