Durante toda a tempada e parte da anterior, Joel López (número 66 na foto) , xogador do equipo alevín e infantil masculino de Escola de Baloncesto Galén Ensino, estivo participando en diferentes CETI e concentracións da selección galega de baloncesto, ata que varias semanas atrais nos chegou a confirmación de que Joel estaba entre os 12 escollidos para participar no campionato, todo un éxito para él, os seus compañeiros e compañeiras, e para nos, os adestradores e todos e todas que formamos parte deste proxecto deportivo educativo
Unha vez mais, e con esta van 3! xa que anteriormente participaron no campionato de España Maite e Catuxa (agora xogadoras infantiles), os nosos rapaces e rapazas poden gozar desta experiencia.
Non nos esquezamos que van 12 de toda Galicia, e un deles é Joel. Premio para o seu esforzo, para a súa implicación e a da súa familia, para o seu traballo a diario. Premio para o seu carácter gañador, polo seu espírito de superación, e para a súa capacidade de mellora. Premio polo seu traballo humilde e honesto que fai cada día de adestramento.
Premio para él e para toda a Escola de Baloncesto Galén Ensino. Sentímonos moi orgullosos de ti e de todos os compañeiros e compañeiras que forman parte dos equipos nos que adestras, sen o compañerismo e o traballo en equipo de todos e todas isto non podería ser posible.
Disfruta desta experiencia irrepetible!!
PARABÉNS JOEL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario