Compartiron mesa con profesores e alumnos/as , falando de educación , deporte e dieta equilibrada.
Despois de comer compartiron patio e anédotas cos rapaces e rapazas que alí estaban.
Dende as 15.30 e até as 16.30 h xogaron con todos os alumnos e alumnas desde 1º E.P. e até 6ºE.P. no pavillón, onde os nosos fixeron traballar duro as xogadoras do Ensino.
Xa para finalizar, quenda para os de 1º e 2º de ESO, unha vista na aula onde falamos de deporte e estudo, esforzo e concentración, en definitiva unha gran xornada para aprender destas xogadoras.
Unha oportunidade de luxo para compartir tempo con xogadoras que participaron en campionatos do mundo, en olimpíadas, que xogan e xogaron coas súas seleccións , que compaxinan o seu traballo como deportistas de elite cós seus estudos.
Ademáis de deportistas tamén son licenciadas por distintas universidades, e por riba de todo son grandes persoas como así o demostraron con o seu compromiso e sinceridade ao longo de todo o día. Grazas!
Podedes ollar toda a galería fotográfica da xornada clicando no enlace que aquí vos poño;
https://www.flickr.com/photos/escolabaloncestogalen/sets/72157679530962166
No hay comentarios:
Publicar un comentario