viernes, 4 de septiembre de 2015

Preparados, listos.......Comezamos!!

Benvidos de novo a unha nova tempada de baloncesto!!
Imos comezar a semana que ven con horarios PROVISIONAIS, ata que poidamos darvos os definitivos.
Queremos comezar canto antes millor para poder engrasar a nosa maquinaria despois dun longo verán.

Recordade que a Escola de Baloncesto está aberta para todos aqueles e aquelas que queiran participar, aprender e xogar a BALONCESTO! ANIMADE A TODOS E TODAS A XOGAR CONNOSCO!!

Os horarios PROVISIONAIS son os seguintes:

Benxamín ; 3º e 4º E. P. - nados en 2006 - 2007 - Martes - Mércores e Xoves de 17:00 a 18:00 h no pavillón de Galén

Alevín: 5º e 6º E.P. - nados en 2005 - 2004 - Martes, Mércores e Xoves de 18:00 a 19:00 h no pavillón de Galén .

Infantil, nados en 2003 - 2002 e cadetes os dos 2001 -e 2000 adestrarán xuntos a semana que ven

Na categoría masculina , adestrarán o;
 - luns de 12:30 a 14:00 h na pista central do pazo
 - Martes e Mércores de 19:00 a 20:15 h no pavillón de Galén

Na categoría feminina;
- Martes de 16:00 a 17:30 h no anexo 1 ou ben de 19:00 a 20:15 h no pavillón de Galén
- Mércores e Xoves de 20:00 a 21:30 h na pista lateral do pazo
-Venres, adestramento voluntario, de 16:00 a 17:30 h no anexo 2

AVISADE POR FAVOR A TODOS E TODAS AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, ASÍ COMO A TODO AQUEL QUE ESTÉ INTERESADO EN XOGAR!!

Coma sempre, se tedes algunha dubida mandademe un correo a escolabaloncestogalen@gmail.com

Xa está aquí a nova tempada 2015-2016!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario