viernes, 18 de septiembre de 2015

Horarios adestramentos de baloncesto

Xa temos os horarios de adestramentos practicamente definidos.
Nas categorías benxamín (8 e 9 anos) e na categoría alevín (10 -11 ) os adestramentos quedan definitivamente como esta semana, os benxamíns martes e xoves de 17:00 a 18:15 h no pavillón de Galén e os alevíns os luns, mércores de 17:00 a 18:15 h e o venres de 17:00 a 18:00 h.

Se algún rapaz ou rapaza de calquera categoría ten problemas cós horarios, poñédevos en contacto con David para intentar buscar unha solución

Os infantís masculinos adestrarán luns e mércores de 18:15 h a 19:30 h no pavillón de Galén, e o terceiro día de adestramentos será, probablemente, o xoves de 20:00 h a 21.30 h na pista lateral do pazo. Este último día intentaremos confirmalo antes do próximo mércores 23.

O cadete masculino, adestrará o luns e mércores de 18:15 h a 19:30 h , e o venres de 15:15 h a 16:30 h no pavillón de Galén.

Estes horarios , esperemos, sexan os definitivos.

Na categoría feminina non podemos decir o mesmo, xa que dependemos dos horarios que nos cedan nas diferentes pistas do pazo.  A semana que ven voltaremos a adestrar nos mesmos horarios que esta semana, ata novo aviso. Istos son;

Inf fem; luns e mércores de 20:00 h a 21:30 h na lateral do pazo e o martes de 18:15h ata as 19:30

Cadete feminino: Martes e venres de 16:00 a 17:30 h no anexo e o mércores e xoves de 20:00 a 21:30 h na lateral do pazo

Sentimos toda a tardanza que estamos a ter ó poñer os horarios definitivos, pero non está todo da nosa mao para poder facelo mellor.

Se tedes dúbidas, ou ben queredes consultar algo referente a EScola de Baloncesto Galén Ensino ou ben as categorías cadetes ou infantiles do club Porta XI Ensino, poñédevos en contacto con David Martínez a través do correo electrónico; escolabaloncestogalen@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario