EL PROGRESO comprácese en convidar aos integrantes de todos os equipos da Escola de Baloncesto Galén a FESTA DO DEPORTE BASE, que terá lugar o vindeiro día 5 DE XUÑO, ás 17.30 HORAS no PAZO PROVINCIAL DOS DEPORTES DE LUGO.
Como novidade este ano, o acto inclúe diferentes actividades lúdicas para os rapaces de todas as idades: inchables, tabla de suf, circuítos bumper ball, etc. Tamén haberá sorteo de agasallos e moita diversión.
Deste xeito, El Progreso quere que a FESTA DO DEPORTE BASE se converta nun espazo de ocio onde os rapaces de 6 a 18 anos poidan gozar dunha xornada lúdica e divertirse practicando as súas actividades favoritas.
A partir das 20.00, procederase á entrega de premios dos campións das diferentes competicións deportivas onde o noso equipo alevín feminino GALÉN ENSINO rebirá o prmio por campión de liga
Gustaríanos contar coa maior presencia do equipo MINIBASKET FEMENINO premiado como campeón de liga. Haberá un trofeo para o equipo e medallas para todos os integrantes
No hay comentarios:
Publicar un comentario