miércoles, 20 de mayo de 2015

Xornada de liga 22-23-24 Maio con SORPRESA!

Esta fin de semana temos unha sorpresa........o VENRES AS 17:00 H OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS DE PREBALONCESTO (1º E 2º E.P.) XOGARÁN UN AMIGABLE NO CENTRO ESCOLAR CONTRA RAPACES E RAPAZAS DA MESMA IDADE DE FRANCISCANOS.

Unha gran emoción para eles que están desexando xogar contra outros rapaces e rapazas de outros centros.

Os equipos benxamíns remataron a liga es as competicións a fin de semana pasada e nun principio xa non xogarán mais encontros.
Foi unha temporada longa e con moitas emocións, onde a superación personal e a mellora individual foron o mellor desta tempada, e do que mais orgullosos estamos,  indo de menos a mais sempre!! PARABÉNS POR ESTE TEMPORADÓN QUE FIXÉCHEDES, POLA VOSA ENTREGA E POLA VOSA MELLORA DURANTE TODO O ANO!!

O alevín masculino tamén despide a tempada cun encontro o sábado as 12.15 h en Galén onde acadaremos o primeiro posto desta Copa Primavera, unha segunda fase de escándalo a que fixéchedes todos!! Superandovos nos últimos encontros e acadando un nivel de xogo espectacular!!
PARABÉNS POR ESTE TÍTULO DE COPA PRIMAVERA QUE ACADÁCHEDES CÓ VOSO ESFORZO E COMPROMISO CO EQUIPO!

En infantil feminino temos xornada dobre, xa que xogamos hoxe contra as nosas compañeiras de Salesianos Ensino, e o venres contra Estudiantes, tanto en infantil feminino e no masculino xogaremos as fases finais desta copa primavera que nos dirán quenes son os campións! Quédanos uns cantos encontros para seguir competindo!!

O junior masculino e o cadete masculino, xogan tamén os seus derradeiros encontros de copa primavera, estamos moi contentos do voso traballo o longo do ano (ainda que tivemos momentos duros e de "baixón" ) PARABÉNS POR DEMOSTRARNOS A TODOS E TODAS QUE OS RESULTADOS ESTÁN MOI POR DEBAIXO DA VOSA PASIÓN POR ESTE DEPORTE

E o alevín feminino xoga o domingo o que pode ser tamén o derradeiro encontro da tempada (ainda que isto está por ver...) Sexa como sexa, a vosa tempada foi ESPECTACULAR! CAMPIONAS DE LIGA, COMPETINDO EN TODOS OS ENCONTROS DESTA FASE DE LIGA GALEGA E MELLORANDO EN CADA ENCONTRO...... PARABÉNS!!

Aquí vos deixo compretos os horarios da fin de semana;

VENRES AS 17:00 H - ENCONTRO AMIGABLE CONTRA FRANCISCANOS ENTRE OS RAPACES E RAPAZAS DE 1º E 2º DE E.P.  

BENXAMÍN MASCULINO – MIXTO –Rematou a liga no noso grupo
BENXAMÍN FEMININO –Rematou a liga
ALEVÍN FEMININO
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Ensino Galén – Pontumio Fubolin
Do 12:00 h
Anexo 1

ALEVÍN MASCULINO - MIXTO
Galén – C. B. Val de Lemos
Sá 12:15 h
Galén
Derradeiro encontro de liga
PIZZA MÓVIL 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Copa Primavera
Galén Ensino - Ensino Salesianos
Mércores 20
20:10 h
Anexo 2
Estudiantes Lugo -Ensino Galén
Venres 22- 18:30 h
Pazo Universitario

PIZZA MÓVIL 2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA – Descansará ata a fase final da copa primavera
2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINA
Copa Primavera
Galén – Sarria Alfa-Auriga
Sá 10:30 h
Anexo 2

2ª DIVISIÓN JUNIOR MASCULINA
Galén – Estudiantes 98 Leyma Natura
Por confirmar



No hay comentarios:

Publicar un comentario