miércoles, 27 de mayo de 2015

Último encontro de Sergio V.

Esta semana o único equipo que xoga e o noso junior. Ademais xoga en xornada adiantada, hoxe as 20.30 h no Pazo Provincial, os rapaces xogan o seu derradeiro encontro da tempada 2014-2015.

Un encontro emotivo xa que será o último encontro de Sergio Villamarín coa Escola de Baloncesto Galén. GRAZAS Sergio por todo o que  aportaches a escola, os teus compañeiros e compañeiras, e por suposto os teus adestradores. Polo teu compromiso, polo teu cariño e compañerismo, e por estar sempre sorindo! Moita sorte en todos os teus proxectos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario