jueves, 4 de diciembre de 2014

Unha gran reportaxe!

Ontes, o suplemento Lider da Voz de Galicia, sacou unha reportaxe do noso xogador Sergio Villamarín, o cal xoga co noso equipo junior masculino.

É o único rapaz coas súas características,  e o único equipo, que xoga nun equipo federado en categoría junior en toda Galicia. Tanto él como os seus compañeiros son un exemplo de normalidade e integración a través do deporte.

Todo isto gracias a sua familia, o centro , a federación galega e o resto de equipos que  dende a categoría alevín, nos permitiron sen poñer problemas que Sergio puidera xogar cos seus compañeiros de clase

Unha mención especial para este grupo de rapaces que son tan  especiales e que dende sempre demostraron un gran compañerismo e esforzo grupal por riba dos seus intereses individuais

Nós seguro que lle aportamos moito, pero tede por seguro que él da moito mais do que recibe

Por riba dos resultados e clasificacións, están os valores, e vós, todos vós, levades moitos anos ensinándome e demostrando cal é a esencia do deporte base

Parabéns por esta reportaxe Sergio!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario