FESTA DO
DEPORTE BASE – EL PROGRESO
O VENRES 6 DE XUÑO, a explanada do PAZO DE DEPORTES DE LUGO acollerá a FESTA DO DEPORTE BASE que organiza o diario El Progreso, co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a colaboración de EON, Decathlon e Oca Manzaneda.
Un ano máis El Progreso quere ofrecer unha homenaxe ao deporte local e de base e recompensar o esforzo dos deportistas das categorías inferiores provinciais en diferentes modalidades deportivas: dende fútbol, fútbol sala, voleibol ou baloncesto ata outras disciplinas como atletismo, ciclismo, sófbol, tenis de mesa, natación, bádminton, xadrez, etc.
O evento, que dará comezo ás 17.30 HORAS, contará con importantes novidades. Entre elas, este ano incluiranse diferentes actividades lúdicas para o desfrute de todos os asistentes. HABERÁ XOGOS E PROBAS DEPORTIVAS DIRIXIDAS A TODAS AS IDADES: CIRCUÍTOS, PROBAS DE LANZAMENTO, INCHABLES... E ATA UNHA XINCANA. Ademais, sortearanse varios regalos. Deste xeito, El Progreso quere que a FESTA DO DEPORTE BASE se converta nun espazo de ocio onde os RAPACES E RAPAZAS DE 6 A 18 ANOS poidan gozar dunha xornada lúdica e divertirse practicando os seus deportes favoritos.
A continuación, a partir das 20.00 horas, procederase á entrega de premios para distinguir os equipos campións das diferentes ligas provinciais, así como aos xogadores máis destacados, os equipos revelación e as novas promesas de cada deporte.
EL PROGRESO CONVIDA A TODOS OS RAPACES E RAPAZAS A PARTICIPAR NESTA FESTA
No hay comentarios:
Publicar un comentario