Dende ontes, o pavillón de frigsa estase a reparar, por mor disto, o encontro amigable que tíñamos apalabrado para os rapaces de 1º e 2º de E.P. contra Cidade de Lugo debe suspenderse. Esperamos poder xogalo a vindeira semana
Na categoría infantil feminina, o encontro que tiña que enfrentar ó Ensino e a Sarria tamén se apraza, xa que ningún dos equipos teñen suficientes rapazas ó coincidir con excursións
Na categoría cadete feminina, o equipo de GalénEnsino, dobra encontros esta fin de semana. O sábado as 16:00 no anexo contra LourenzáMondoñedo e o domingo as 17:00 contra C.B. Burela. Os dous encontros no Anexo o Pazo
Estamos a comprobar cantos rapaces temos para poder disputar o encontro en categoría cadete masculina, xa que temos a varios "atacados" pola gripe. Espero poder dicirvos algo canto antes
Disculpade as molestias
Recordade que podedes poñervos en contacto conmigo a traves dos correos baloncesto@centrogalen.com e tamén en escolabaloncestogalen@gmail.com
Un saudo
No hay comentarios:
Publicar un comentario