miércoles, 2 de enero de 2013

Feliz ano 2013!!


Dende a Escola de Baloncesto Galén desexámosvos o mellor para este ano 2013 que acabamos de empezar.
 Un ano cheo de proxectos e ilusións que sacaremos adiante grazas ao esforzo de todos e todas!

Os meus mellores desexos para todos aqueles que rodean este proxecto deportivo e educativo que é a Escola de Baloncesto Galén.

E que mellor maneira de comezar o ano que adestrando na segunda semana de tecnificación que organizamos no pavillón, xa o sabedes!de 16:00 a 19:00 desde hoxe ata o venres incluído, ven a mellorar a túa técnica individual!!



E para quentar uns videos de boas xogadas do ano 2012, no primero poderedes ver moi boas xogadas de técnica individual e xogo colectivo de xogadoras da WNBA

E neste outro que vos deixo, poderedes ver xogadas espectaculares de potencia física e grandes pases e canastras



No hay comentarios:

Publicar un comentario