viernes, 14 de diciembre de 2012

Fotos da Visita do Porta XI Ensino a Galén

Ontes, xoves 13 de decembro, tivemos a oportunidade de disfrutar dunha xornada de convivencia con varias das xogadoras do primeiro equipo do clube feminino Porta XI Ensino.
As xogadoras que estiveron connosco  foron:

  •  Verónica Matoso (pivot) 
  • Yaiza García (pivot)
  • Nerea Méndez (escolta)
  • Sara Cuiña (base)
Tamén nos acompañaron Javier Muñoz (Adestrador) e a a xogadora con millor palmares de Europa Catarina Pollini (Adestradora axudante)

Todas elas, chegaron o centro a hora de comer invitados polos rapaces de 5º E.P. que ese día lles tocaba facer a comida......quedaron encantadas!!

Despois de comer estiveron polo patio xogando e charlando cos rapaces e rapazas que estaban no recreo. As 15.15 e con toda primaria no pavillón, estivemos presentandoas e falando da sua traxectoria. Houbo momentos moi bos, por exemplo cando Javi mete canastas dende o medio campo ou como Catarina nos ofreceu unhos bos mates. Antes Nerea estivo ensinando a algunha xogadora e xogador a tirar a canastra, Sara intentando anotar tamén dende o medio campo e Verónica e Yaiza intentando anotar canastras de espaldas.....todo un show!!

Despois de facer un xogo de calentamento estivemos xogando con elas nas distintas estacións propostas, tiro, pase, bote, xogo 2x1, 1x1.....ata que chegou o momento de rematar e facer unha rondiña de preguntas A pena foi non poder facelas todas, porque sinceramente estaban sendo moi interesantes; cantas horas adestrades?a que anos comenzaches a xogar?.....pero a que mais me gustou foi a de, divírteste xogando??a que todas contestaron afirmativamente, porque non olvidemos que ainda que sexan profesionáis ou amateurs, o mais importante e iso, divertirse xogando!

Recordarvos, que o sábado 15 as 20:15 h xogan no pazo provincial contra o equipo de Valladolid, todos os rapaces e rapazas que queiran asistir o encontro, podedes facelo de valde, por mor do convenio de colaboración que temos co Porta XI Ensino. Levade a camiseta de "Eu Xogo" e poderedes ver o espectáculo que dan estas rapazas!!

Animádevos!

Se queres ver as fotos da visita, clica neste enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario