miércoles, 7 de noviembre de 2012

Laura e Marta no campionato de España de Ximnasia Rítmica

Laura Varela e Marta Pérez-Batallón, foron xogadoras durante moitos anos da Escola de Baloncesto Galén. O ano pasado tentaron compatibilizar dous deportes, o baloncesto e a ximnasia rítmica, facendo moitos esforzos por estar o máximo nivel nas duas disciplinas.
Este ano, por mor dos estudos e tempo de adestramento, decidiron dedicarse a sua gran paixón, a ximnasia rítmica, conseguindo grandes logros co seu equipo.


Son actuais campionas provinciais e subcampionas galegas da categoría promoción. Este ano, pasan a categoría de base, e no campionato galego quedaron terceiras!!
O quedar terceiras, clasificáronse para o campionato nacional a finais de Novembro en Zaragoza


Desde aquí, queremos darvos a noraboa por estes éxitos, e alegrámonos moito por esta nova experiencia que vades a ter. Moita sorte a vos e as vosas compañeiras neste novo reto!!







4 comentarios: