viernes, 16 de noviembre de 2012

Algunha nota da reunión de ontes 15 de Novembro

Ontes tivemos as reunións informativas da Escola de Baloncesto Galén, nas categorías preminibasket, minibasket e infantil.
Póñovos algunha nota dos temas que falamos ontes

Estrutura da Escola de Baloncesto Galén

A Escola de Baloncesto Galén ten a colaboración do C.B. Porta XI Ensino por medio dun convenio de colaboración, grazas a iso podemos participar en torneos, formar equipos de superior categoría a infantil, acudir a encontros do primeiro equipo do clube, algunhas xogadoras e xogadores poden seguir xogando se non teñen con quen facelo dentro do colexio.......

A esstructura de equipos que ten a Escola de Baloncesto é a seguinte
  • Escola preminibasket - conforman este grupo os rapaces de 1º e 2º de E.P. cun total de 12 participantes
  • Preminibasket - os rapaces dos cursos de 3º e 4º E.P. 13 xogadores e xogadoras que competirán na liga baixo o nome de Galén IV
  • Minibasket - de 5ºe 6º de E.P. - Este grupo de adestramento competirá na liga baixo o nome de Galén V (8 xogadores/as) e Galén VI (9 xogadores/as). Este ano xogan a liga de manera mixta, participando na liga masculina tal e como indica as bases de competición da categoría , que podedes atopar na páxina oficial da Federación Galega de Baloncesto
  • Infantil masculino - os rapaces de 1º e 2º de E.S.O. 8 xogadores que compiten baixo o nome de Galén
  • Infantil feminino - as nosas rapazas de 1º e 2º de E.S.O. , cinco rapazas que, evidentemente, por si soas non poderían formar un equipo. Grazas ó convenio co Porta XI Ensino, estas xogadoras poden participar na liga con equipo "Ensino"
  • Cadete Feminino - 3º e 4º E.S.O. o noso equipo cadete feminino, tivo que completarse con varias xogadoras do clube Porta XI Ensino, para seguir traballando con mesmo grupo. Compiten na liga baixo o nome de Galén-Ensino. Son 8 rapazas que adestran con nós
  • Cadete masculino 12 xogadores do Centro educativo Galén. Esta é a primeira vez que a Escola de Baloncesto Galén pode participar nas categorías cadetes con dous equipos, dende o noso punto de vista todo un logro de estes rapaces!!
Este ano, como novidade, abrimos a Escola de Baloncesto Galén, para todos aqueles que queiran participar da nosa filosofía do baloncesto
Grazas a isto temos dous rapaces mais adestrando con nos e os nosos grupos de adestramentos.
En total a Escola de Baloncesto está composta por 77rapaces e rapazas con moita ilusión por mellorar e disfrutar deste deporte.




  • Indumentaria nos partidos da que disputen os xogadores e xogadoras da Escola de Baloncesto Galén
Os xogadores dos nosos equipos , deben estar sempre 30 min antes do comenzo do encontro, levando a equipación de xogo, o chandal do centro escolar, e a camiseta de "Eu Xogo". Isto é obrigatorio para levar todos/as a mesma imaxen de equipo
Este ano, como os anteriores, darase unha camiseta por xogador/ra. No caso de perdela os xogadores/as deberán adquirir outra camiseta. A Escola de Baloncesto xestionará a venda destas camisetas. Para adquirilas poñédevos en contacto con David Martínez
No caso de que alguén teña interes en comprar unha camiseta, este ano poderedes conseguilas por medio da Escola de Baloncesto.
  • Desprazamentos
Este ano, os desprazamentos que teñan que facer os equipos da Escola de Baloncesto Galén , correrán a cargo dos xogadores/as, posto que a Xunta de Galicia non se fará cargo dos desprazamentos no deporte escolar
  • Os distintos equipos da Escola de Baloncesto, para os encontros que disputen , serán compretados por xogadores de categorías menores , coa idea de que os rapaces que mostren mais interés poidan xogar a maior cantidades de encontros posibles. As convocatorias dos encontros farase o longo da semana. Os encontros dos equipos intentarse colgar no blog da escola de baloncesto os mércores, posto que os cambios en xornadas pódense facer ata o martes a 19:00
  • Os calendarios dos distintos equipos os podedes descargar neste enlaces.Así podedes facervos unha idea de que fines de semana xogan. Os horarios e as canchas de xogo distribúense o longo da semana

  • Seguro deporte escolar
Todos os rapaces e rapazas que xoguen nos nosos equipos, ademais de ter o seguro do centro escolar, dispoñemos do seguro do deporte escolar. Dende ontes oubo varias modificación. A mais importante é que o seguro que dispoñemos acaba de cambiar a Mapfre
Os pasos a seguir en caso de lesión son case os mesmos, de todas formas deíxovos unha serie de documentos onde podedes ver os pasos a seguir, as clínicas onde temos que acudir......
Ante a duda, contactade con David M.

- Parte de lesión - É O MAIS IMPORTANTE, SEN O PARTE NON VOS ATENDERÁN

Todas as novas, noticias , avisos.......colgaránse no blog da Escola de Baloncesto Galén, e no tablón que temos no centro escolar
Calquer dubida que teñades podedes contactar con David Martínez, nos adestramentos ou por mail a baloncesto@centrogalen.com ou a escolabaloncestogalen@gmail.com

GRAZAS POR SEGUIR APOIANDO A NOSA IDEA DO QUE É O BALONCESTO DE BASE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario