martes, 23 de octubre de 2012

Fotos da Xornada de Convivencia do sábado 20 de Outubro

O pasado sábado 20 de 11:30 a 13:30 , no pavillón do centro escolar, a Escola de Baloncesto organizou unha xornada de convivencia, na que todos aqueles que quixeron participar e xogar os distintos exercicios propostos o fixeron con total liberdade

Comezamos xogando un macropartido, mentres os participantes chegaban. Cando estábamos case todos (a algúns a cama atrapoulles un pouquiño....) estivemos xogando a exercicios de coordinación e persecución para quencer un pouquiño
Unha vez que estábamos todos, "traballamos" co balón, fixemos competicións de coordinación e habilidades, e acabamos xogando encontros entre os rapaces e os pais e nais que se animaron a asistir

Unha xornada cun unico obxetivo, divertirse e pasar un bo rato, con familiares e amigos!

Se queredes ver as fotos da xornada, podedes acceder a elas clicando aquí

Espero vos guste!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario