jueves, 4 de octubre de 2012

Comenza a liga cadete masculina!!

Estas son as novas sobre a competicón cadete masculino:

A competición comezará o fin de semana de 20 e 21 de Outubro. O fin de semana de 3 e 4 de Novembro non se disputarán encontros pola ponte de Todos os Santos. A última xornada da primeira volta será o 16 de Decembro.

A segunda volta empezará o fin de semana de 12 e 13 de Xaneiro, descansarase o fin de semana de Entroido (9 e 10 de Febreiro) e a última xornada da Fase Regular disputarase o fin de semana de 9 e 10 de Marzo, coa semana anterior para xogar posibles partidos aprazados.

Ao finalizar a liga Regular disputaranse as semifinais polo título entre os catro primeiros, xogando a dobre volta entre o primeiro clasificado contra o cuarto clasificado e o segundo contra o terceiro, disputándose o partido de ida na cancha do peor clasificado e o partido de volta na cancha do mellor clasificado.

Nos postos 5º, 6º, 7º e 8º xogaranse outras semifinais co mesmo formato para decidir a posición final.

As datas destas semifinais serán 16-17 de Marzo e 6-7 de Abril.

A Final disputarase o fin de semana de 14 de Abril a partido único, igual para o terceiro, quinto e sétimo posto en cancha neutral.

Os grupo no que está o noso equipo é:

  1. Galén
  2. Celtas de Foz
  3. Cidade de Lugo
  4. Sagrado corazón
  5. Chantada
  6. Estudiantes 97
  7. Estudiantes 98
  8. Val de Lemos
O calendario está en construcción, en canto o teñamos farémolo saber

Temos que seguir adestrando duro que a tempada está a piques de comezar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario