Ao
longo destas dúas últimas semanas, os grupos de 1º, 2º, 3º e 4º de EP participaron
durante o adestramento dos seus respectivos grupos nunhas olimpiadas de
balocnesto , denominadas “I Desafío de Baloncesto”.
Para
levalas a cabo os nenos e nenas formaron distintos equipos e escolleron un nome
para o equipo; así como un capitán, encargado de organizar ao seu equipo e
vixiar que se fixeran os cambios oportunos durantes os encontros para que todos
os componentes xogaran na medida do posible o mesmo tempo.
Realizaron
distintas probas de tiro, entradas a canastra e partidos de 4x4, esforzándose
moito durante o transcurso dos mesmos para facelo o mellor posible e para
pasalo ben todos xuntos. E o resultado foi excepcional.
Ademais,
cada un deles recibiu un máis que merecido diploma en recoñecemento por ter
aproveitado estas xornadas e por telo pasado tan ben.
> 3º e 4º EP no I
DESAFÍO DE BALONCESTO
EQUIPOS
|
|
|
|||||||||||||
|
|
|
Os nenos e nenas de 3º EP co seu diploma
Os nenos e nenas de 4º EP co seu diploma
> 1º e 2º EP no I
DESAFÍO DE BALONCESTO
EQUIPOS
|
|
|
|||||||||||||
|
|
|
Os nenos e nenas de 1º e 2º EP co seu diploma
NORABOA A TODOS E TODAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario