jueves, 10 de mayo de 2012

Visita de Isa Sánchez




O equipo cadete da nosa escola de baloncesto recibiu a semana pasada unha grata sorpresa durante os adestramentos, unha sorpresa que lles fixo moita ilusión: nada máis nin nada menos que a visita de Isa Sánchez, actual xogadora do Perfumerías Avenida de Salamanca.


Unha rapaza que desde pequena sabía o que quería, posto que lle encantaba o baloncesto, e a base de traballo e ilusión chegou a ser xogadora da selección española, participou en campionatos de europa e do mundo, nas olimpiadas, incluso na WNBA... É dicir, toda unha profesional.


Pero o seu mérito vai máis aló do "simple" feito de ser unha profesional do baloncesto, pois ademais disto foi quen de compaxinar a súa andaina no mundo do baloncesto cos estudos de medicina, carreira que foi aprobando ano a ano, e sen repetir curso! Todo un exemplo a seguir.


Todo é cuestión de organización e esforzo.Recordade, o deporte libera a vosa mente, FAI DO DEPORTE A TÚA VIDA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario