Onte luns 12 de Xullo, comezamos o I Campus de Tecnificacion con Terry Pritchhtt e Eric Viuhkola.
Pola mañá estiveron a traballar os fundamentos, dominio de balón, traballo de bote e pase. A media mañá e tras un breve descanso, Ana e Bruce, practicaron inglés cos participantes neste campus e coa axuda de Payton e Ryan.
Antes de comer unha sesión curta de tiro.
Tras a comida, xa na bibiloteca, visionamos e comentamos uns vídeos sobre Lebron James e na sesión de tarde o que tocaba era competir, partidos de 3x3 e 5x5.
Supoño que sería pola festa do domingo (CAMPIÓNS!) pero custoulles un pouco acabar a tarde coa suficiente enerxía.
Hoxe martes, adestramos pola mañá no Pazo Provincial e pola tarde en Galén.
En breves colgaremos as fotos destes dous días.
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario