jueves, 3 de junio de 2010

“Xornadas Matinais da Escola de Baloncesto” - Xoves 24 e Venres 25

Hai algunha maneira mellor de rematar o curso que xogando e divirtíndose?

Para isto, un ano máis, dende o Centro Educativo Galén volvemos facer as

Xornadas Matinais da Escola de Baloncesto”

Unha actividade con un único obxectivo, que todos os nenos e nenas participen e se divirtan, facendo xogos, competicións e diversas actividades lúdicas, relacionadas co deporte e co baloncesto en particular

As xornadas están propostas para todo o alumnado dende 1º E.P. ata 2ºE.S.O, onde cada grupo terá unhas actividades e competicións específicas e adecuadas á súa idade

Todos os participantes deberán traer unha mochila con roupa de recambio, así como crema solar e unha gorra e sobre todo MOITAS GANAS DE DIVERTIRSE xa que este ano teremos novas e variadas actividades e algunha que outra sorpresa

Estas xornadas levaranse acabo en Xuño, os días; Xoves 24 e Venres 25 en horario de 9.30 a 14.00 h

A actividade ten un custe de 20 €

Para poder participar debes entregar a folla de inscripción antes do

Martes 22 os adestradores de baloncesto


Podes baixarte a inscripción pinchando aquí

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario