Este ano o torneo 3x3 que organiza a Federación Española de Baloncesto, o Tribasket, organízase en distintas cidades e por medio das distintas Federacións Autonómicas.
Outro ano máis Lugo acolle a competición o vindeiro domingo 4 de Xullo no Pazo dos Deportes dende as 9.30 h.Neste torneo podedes participar os nados dende o 1994 até os nados no 2001, nas distintas categorías nas que está organizado o torneo.Tamén poden participar os maiores de 16 anos no "Obxetivo Singapur"
Os equipos que esteades interesados en participar debedes cubrir as follas de inscrición e entregalas na Federación Lucense de Baloncesto ou vía e-mail onde vos indican nos dipticos.
Está actividade é allea á Escola de Baloncesto Galén, porque non se celebra no período lectivo, pero parécenos que é un evento moi interesante onde o podedes pasar moi ben á vez que competides e participades nas actividades paralelas que se realizan.
A información e as follas de inscrición podedes descargárlas pinchado nos distintos enlaces:
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario