jueves, 10 de junio de 2010

Suspendida a participación no "VII Día do Minibasket"

Ola

Sinto comunicarvos que este ano a organización do Día do Minibasket, viuse desbordada por unha gran cantidade de equipos e viuse obrigada a rexeitar a participación de 65 equipos, entre os cales se atopan os equipos benxamín e alevín da Escola de Baloncesto Galén. Por este motivo queda suspendida a participación no "VII Día do Minibasket" este sábado 12 de Xuño, dos equipos benxamín e alevín.

Este era o último torneo no que iamos participar, polo que pouco a pouco estamos a pechar a tempada de baloncesto. Lembrarvos que entre esta semana e a seguinte (rogámosvos que antes do mércores 16) tedes que entregar as equipacións de xogo. (nunha bolsa con nome e apelidos).

Aproveitamos desde aquí para animarvos a participar nas "Xornadas Matinais dá Escola de Baloncesto" que se celebrarán os días 24 e 25 de Xuño de 9.30 a 14:00 h do mediodía. Se pinchades aquí podedes descargar a folla de inscripción.

Como sempre, grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario